jueves, 26 de junio de 2014

Actuación fin de curso

Tuve algunas dificultades para subir el vídeo de nuestro baile pero ya está solucionado y lo podéis ver.
Lo hicistéis genial chic@s!!!


martes, 10 de junio de 2014

Las últimas recetas del curso

Tarde un poco, pero aquí estáis con vuestras últimas recetas, Claudia y Pablo de 4º.
Claudia cocinó un riquísimo bizcocho y Pablo unas deliciosas orejas.

Chef Claudia

Chef Pablo



Información convivencia fin de curso

Como ya sabéis, este viernes día 13 de junio, haremos la convivencia de fin de curso a la que asistirán alumnos, padres y profesores del CEIP Víctor Sáenz.
Hoy Xavi, el director del cole, nos explicó a donde íbamos y la historia del lugar: O castro de   Borneiro y la playa de Balarés.

Así que os dejo los enlaces de todo lo que vimos incluido el vídeo que os recomendó ver sobre la recreación de los castros y como vivían en esa epoca.

Información extraída do Concello de Cabana

Os Bolechas queren saber como é un castro

A vida nun poblado castrexo

O Castro de Viladonga: O legado celta:


Por último os dejo la información que os enviamos en la nota informativa repartida para vuestros padres:


A CIBDÁ DE BORNEIRO

Coñecido como A Cibdá (cidade en castelán antigo), é un dos castros máis antigos de Galicia e foi o primeiro que contou cunha datación científica co método do C-14. Estivo habitado entre os séculos VI a. C. e o I d.C. e parece que a vida desapareceu dun modo lento, non repentino, a xulgar polo tipo, estado e localización dos materiais. Descuberto en 1924 por Parga Pondal e Pérez Bustamante, este castro comezouse a excavar nos anos 30 por parte de S. González García-Paz. Estes traballos duraron pouco tempo e voltáronse a reanudar nos anos 70 con J.J. Eiroa, sendo a partir do ano 1980 cando se inicie a terceira e máis longa etapa de traballos arqueolóxicos (11 anos) dirixidos por A. Romero Masiá.

 

ECONOMÍA

Xunto coa actividade metalúrxica, os habitantes do castro vivían da agricultura (cereais, legumes...) e da gandeiría (vacas, cabalos, porcos, ovellas...). Quizais tamén se practicaba a caza e a recolleita de froitos xunto coa pesca e o marisqueo, debido ós restos atopados (cunchas, osos, ferramentas, etc.) e á relativa presencia do mar

 

MATERIAIS

Depositados, a súa maioría, no Museo Arqueolóxico e Histórico "Castelo de San Antón", poden ser

Agrupados en catro conxuntos:

Orgánicos: só atopamos os denominados "concheiros" en varios puntos do xacemento. Son unha especie de basureiros de cunchas de mariscos mesturados con espiñas de peixe.
En pedra: abundan os muiños de man e as pedras de afiar. Tamén apareceron restos de moldes de fundición de metais, pezas de adorno persoal (doas de pasta vítrea), fusaiolas (pezas que fan tope nos

Fusos e un machado pulido de tipoloxía neolítica.

Cerámicos: os máis abundantes, con miles de fragmentos por campaña de excavación. Teñen formas (pratos, cuncas, olas, xerras...) e decoracións (imitan cestos, pezas metálicas...) moi variadas.

Tamén se atoparon moldes e crisois de fundición así como fusaiolas ou fichas de xogo.
Metálicos: en bronce (cobre+estaño+chumbo) apareceron agullas, aneis, doas de colar, fragmentos de vasillas e caldeiros, conteiras (remates para as fundas de coiro dos puñais), empuñaduras de puñais de antenas, fíbulas (prendendores da roupa), láminas decoradas, etc. En ferro son menos numerosos e relacionados case todos coa actividade doméstica, agrícola ou metalúrxica: follas de coitelos ou puñais, fouces, cinceis, picos e fragmentos difíciles de identificar.

SOCIEDADE

Por outra banda, a Cidá de Borneiro estaría habitada por un conxunto de familias no que se pode deducir que os homes disporían dos bens mobles (gando, botíns de guerra, xoias) e as mulleres dos inmobles ( a propiedade e usufructo da terra) herdados por liña materna. De xefes guerreiros que dirixiran o pobo non se pode falar, só se sabe que se respetaba o rango e a idade das persoas. Quizais os homes detentaran o poder, tanto a nivel familiar como político, pero sempre temos que pensar na igualdade que parecen demostrar os restos arqueolóxicos.

URBANISMO

Na actualidade, a Cidá de Borneiro presenta excavadas as tres cuartas partes da superficie da croa e un total de 36 construccións extendidas por toda a ladeira do monte. A acrópole, de forma case oval, mide 90 m. en dirección norte-sur e 55 m. en sentido transversal de leste a oeste. Está rodeada por un foxo e dous muros defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde só hai un ó actuar a propia pendente do terreo como defensa natural. Desde o castro, a 212 m. de altitude, poderáse controlar o territorio que o rodea, sobre todo a desembocadura do Río Anllóns e a Ría de Corme e Laxe.
As construccións atopadas no interior da croa de Borneiro son todas de tipo doméstico e a planta predominante é a redondeada. Non todas deberon funcionar como vivendas; algunha, polo tipo de pedra dos muros, de materiais atopados no seu interior, dimensións, etc. debían funcionar como anexos ou dependencias. En moitas delas atopáronse os fogares orixinarios, pero non se conservan os restos orgánicos (poste central, teito de palla e madeira...) debido, sobre todo, á acidez característica do chan galego. Esto impide coñecer moitos datos sobre os bens materiais e mobles ó desapareceren na súa maioría.
Ademáis do recinto principal ou "croa" do castro, coas vivendas máis ou menos separadas en barrios, tamén hai unha zona coñecida como o Barrio de Extramuros, no lado leste, coincidindo coa entrada principal do poboado. É un conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda. Suponse que se construiu máis tardiamente que o recinto principal e puido ter unha finalidade industrial para fundición de metais.


Ruta do Rego dos Muíños

Esta ruta comeza no no castro A Cibdá, e acaba en Lodeiro (Canduas). No pasado, o Rego dos Muíños ou do Roncaduiro foi un importante recurso económico aproveitado polos habitantes da redonda (Canduas e Borneiro). Como vestixio, ó longo dos seus 3 km de lonxitude, aínda se conserva un singular conxunto etnográfico conformado por 24 muíños. Desde as faldras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada da Insua, a auga do río descende de fervenza en fervenza con forza suficiente como para mover os rodicios destes fermosos exemplos da arquitectura do pan. O ruído (o roncar) provocado polo discorrer

das augas serviu para bautizar este regato cabanés.

Os muíños son construcións de pedra nas que o gran (millo ou trigo) é moído por un mecanismo de rotación movido pola forza da auga. Na actualidade, coa transformación do agro galego, a maioría deles encóntranse abandonados. Non obstante, aínda se conserva algún preparado para realizar a súa antiga función de moenda.