Como ya sabéis, este viernes día 13 de junio, haremos la convivencia de fin de curso a la que asistirán alumnos, padres y profesores del CEIP Víctor Sáenz.
Hoy Xavi, el director del cole, nos explicó a donde íbamos y la historia del lugar: O castro de Borneiro y la playa de Balarés.
Así que os dejo los enlaces de todo lo que vimos incluido el vídeo que os recomendó ver sobre la recreación de los castros y como vivían en esa epoca.
Por último os dejo la información que os enviamos en la nota informativa repartida para vuestros padres:
A CIBDÁ DE BORNEIRO
Coñecido
como A
Cibdá (cidade en castelán antigo), é un dos castros máis
antigos de Galicia e foi o primeiro que contou cunha datación científica co
método do C-14. Estivo habitado entre os séculos VI a. C. e o I d.C. e parece
que a vida desapareceu dun modo lento, non repentino, a xulgar polo tipo,
estado e localización dos materiais. Descuberto en 1924 por Parga Pondal e Pérez Bustamante, este
castro comezouse a excavar nos anos 30 por parte de S. González García-Paz. Estes
traballos duraron pouco tempo e voltáronse a reanudar nos anos 70 con J.J. Eiroa, sendo a
partir do ano 1980 cando se inicie a terceira e máis longa etapa de traballos
arqueolóxicos (11 anos) dirixidos por A. Romero Masiá.
ECONOMÍA
Xunto coa
actividade metalúrxica, os habitantes do castro vivían da agricultura (cereais,
legumes...) e da gandeiría (vacas, cabalos, porcos, ovellas...). Quizais tamén
se practicaba a caza e a recolleita de froitos xunto coa pesca e o marisqueo,
debido ós restos atopados (cunchas, osos, ferramentas, etc.) e á relativa presencia
do mar
MATERIAIS
Depositados,
a súa maioría, no Museo Arqueolóxico e Histórico "Castelo de San
Antón", poden ser
Agrupados
en catro conxuntos:
Orgánicos: só
atopamos os denominados "concheiros" en varios puntos do xacemento.
Son unha especie de basureiros de cunchas de mariscos mesturados con espiñas de
peixe. En
pedra: abundan os muiños de man e as pedras de afiar.
Tamén apareceron restos de moldes de fundición de metais, pezas de adorno
persoal (doas de pasta vítrea), fusaiolas (pezas que fan tope nos
Fusos e
un machado pulido de tipoloxía neolítica.
Cerámicos: os máis
abundantes, con miles de fragmentos por campaña de excavación. Teñen formas
(pratos, cuncas, olas, xerras...) e decoracións (imitan cestos, pezas metálicas...)
moi variadas.
Tamén se
atoparon moldes e crisois de fundición así como fusaiolas ou fichas de xogo. Metálicos: en
bronce (cobre+estaño+chumbo) apareceron agullas, aneis, doas de colar,
fragmentos de vasillas e caldeiros, conteiras (remates para as fundas de coiro
dos puñais), empuñaduras de puñais de antenas, fíbulas (prendendores da roupa),
láminas decoradas, etc. En ferro son menos numerosos e relacionados case todos
coa actividade doméstica, agrícola ou metalúrxica: follas de coitelos ou puñais,
fouces, cinceis, picos e fragmentos difíciles de identificar.
SOCIEDADE
Por outra
banda, a Cidá de Borneiro estaría habitada por un conxunto de familias no que
se pode deducir que os homes disporían dos bens mobles (gando, botíns de
guerra, xoias) e as mulleres dos inmobles ( a propiedade e usufructo da terra)
herdados por liña materna. De xefes guerreiros que dirixiran o pobo non se pode
falar, só se sabe que se respetaba o rango e a idade das persoas. Quizais os
homes detentaran o poder, tanto a nivel familiar como político, pero sempre
temos que pensar na igualdade que parecen demostrar os restos arqueolóxicos.
URBANISMO
Na
actualidade, a Cidá de Borneiro presenta excavadas as tres cuartas partes da
superficie da croa e un total de 36 construccións extendidas por toda a ladeira
do monte. A acrópole, de forma case oval, mide 90 m. en dirección norte-sur e
55 m. en
sentido transversal de leste a oeste. Está rodeada por un foxo e dous muros
defensivos en todo o seu perímetro, excepto no lado leste onde só hai un ó
actuar a propia pendente do terreo como defensa natural. Desde o castro, a 212 m. de altitude, poderáse
controlar o territorio que o rodea, sobre todo a desembocadura do Río Anllóns e
a Ría de Corme e Laxe.
As construccións atopadas no interior da croa de Borneiro son todas de tipo
doméstico e a planta predominante é a redondeada. Non todas deberon funcionar
como vivendas; algunha, polo tipo de pedra dos muros, de materiais atopados no
seu interior, dimensións, etc. debían funcionar como anexos ou dependencias. En
moitas delas atopáronse os fogares orixinarios, pero non se conservan os restos
orgánicos (poste central, teito de palla e madeira...) debido, sobre todo, á
acidez característica do chan galego. Esto impide coñecer moitos datos sobre os
bens materiais e mobles ó desapareceren na súa maioría.
Ademáis do recinto principal ou "croa" do castro, coas vivendas máis
ou menos separadas en barrios, tamén hai unha zona coñecida como o Barrio de
Extramuros, no lado leste, coincidindo coa entrada principal do poboado. É un
conxunto formado por unha gran casa ovalada, dúas fontes con desaugadoiro e un
forno circular que debeu estar cuberto cunha bóveda. Suponse que se construiu
máis tardiamente que o recinto principal e puido ter unha finalidade industrial
para fundición de metais.
Ruta do Rego dos Muíños
Esta ruta
comeza no no castro A Cibdá, e acaba en Lodeiro (Canduas). No pasado, o Rego
dos Muíños ou do Roncaduiro foi un importante recurso económico aproveitado
polos habitantes da redonda (Canduas e Borneiro). Como vestixio, ó longo dos seus
3 km de
lonxitude, aínda se conserva un singular conxunto etnográfico conformado por 24
muíños. Desde as faldras do castro A Cidá de Borneiro ata as beiras da enseada
da Insua, a auga do río descende de fervenza en fervenza con forza suficiente
como para mover os rodicios destes fermosos exemplos da arquitectura do pan. O
ruído (o roncar) provocado polo discorrer
das augas
serviu para bautizar este regato cabanés.
Os muíños
son construcións de pedra nas que o gran (millo ou trigo) é moído por un mecanismo
de rotación movido pola forza da auga. Na actualidade, coa transformación do
agro galego, a maioría deles encóntranse abandonados. Non obstante, aínda se
conserva algún preparado para realizar a súa antiga función de moenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario